Santiago de Compostela/Galicia en común | Galicia contará no vindeiro ano 2021 con 240 millóns de euros máis en investimento con respecto ao 2018, o que supón un incremento global dun 47% extraendo do cómputo total as multimillonarias partidas para a chegada do AVE país, coas obras do tren de alta velocidade preto da súa conclusión.
As inversións do Estado en Galicia para 2021 medran un 47% e o montante (en millóns de euros) elévase de 515 no 2018 a 755 no proxecto orzamentario do Goberno de coalición para 2021, cunha inversión media de 308 euros por cada galego e galega moi superior a media estatal e moi por riba do que percibirán por habitante outras autonomías, froito do inxente traballo de Galicia en Común dentro do Executivo de coalición.
Por provincias, tal e como se aprecia na tablas anexa, o rural e interior de Lugo e Ourense son as dúas nas que medra máis a inversión para tratar de revertir o extremo desleixo do decenio de mandato popular. É así que Lugo recibirá 114 millóns, un 90% máis, mentres que Ourense pasa de 39 a 71 millóns, cun incremento do 83% nos fondos.
A Coruña e Pontevedra manteñen un volumen elevado de inversións. No caso da primeira serán 370 millóns, cunha medra un 39% en relación a 2018, e 199 millóns de euros para Pontevedra, que percibe 48 millóns máis que hai tres anos.
Desde Galicia en Común, Antón Gómez Reino, fai fincapé na oportunidade histórica que implica un investimento desta magnitude, no que a pegada ministerial en Galicia medra un 29%.
O deputado de Unidas Podemos no grupo confederal e portavoz de Galicia en Común, manifestou que “estes orzamentos son determinantes para o país tanto polo volumen inédito de recursos que mobilizan como pola cobertura social e laboral”. “É indispensable aprobalos axiña para rachar co pasado e construir futuro”, subliñou.
Outro dos eixos estratéxicos destas contas é a asignación dunha partida de 55 millóns para rebaixa das peaxes e supresión de tramos da Autoestrada do Atlántico. Na práctica, supón que miles de galegas e galegos aforrarán cartos nas súas viaxes e nos traxectos pola principal arteria viaria de Galicia, o que repercute na vertebración social e no impulso económico do país. A maiores, suprímense novos tramos como Vigo-Redondela e o 1% da ampliación de Rande.
“Non é casual”, apuntou Gómez Reino. “A inclusión desta partida para a rebaixa da Ap-9 é a resposta a unha demanda histórica e unánime da sociedade galega, que clamaba contra as peaxes abusivas de Audasa que desangran os petos das galegas. Tamén é o froito de moitos anos de traballo de Galicia en Común e de batalla política no Congreso para que poida ser unha realidade. Porque con Galicia no Goberno, Galicia conta”.
Desde 2016, Galicia en Común ten rexistradas na Cámara Baixa maís de 34 iniciativas e intervencións de todo tipo para demandar a baixada das peaxes na Ap9 e urxindo a transferencia da autoestrada na XII lexislatura. Foron 13 iniciativas (3 preguntas, 3 Proposicións Non de Lei, 1 solicitud de información, 3 preguntas orais en comisión, 1 pregunta oral en Pleno, 1 solicitud de Reconsideración de la mesa y 1 PL orgánica registrada 2 veces, unha con cada goberrno.
Ao respecto das peaxes, un total de 21 iniciativas (12 preguntas, 4 PNLs, 3 preguntas orais en Comisión, 2 solicitudes de Comparecencia en Comisión).