Tui | Este fin de semana do 19 e 20 de agosto estivo repleto de festas, gastronomía, música e actividades deportivas en Tui. Destacou así o 52º Descenso Internacional do Miño, organizado polo Kayak Tudense, con saída en Salvaterra de Miño, até a chegada fronte ás gradas na rúa Olímpicos Tudenses, e a entrega de premios.
O Descenso Popular saiu ás 16 h dende a ribeira de Caldelas. Os e as participantes encheron o río Miño coas súas piraguas e bo humor nunha tarde festiva.
Toda vez, a rúa Compostela ateigou a Festa Gastronómica cos sabores da nosa cociña tradicional e con propostas moi suculentas, tanto doces coma salgadas, elaboradas por catorce asociacións culturais. A música, da man de Latexo Percusión e Mekanika Rolling Band, encheu de ritmo o recinto festivo.
E tamén estivo presente a Romaría Popular en Caldelas. con gastronomía e moitos visitantes.