Vigo | A Asociacion Cultural e Pedagoxica, Ponte… nas Ondas! (PNO!) celebrará o seu 30 aniversario cunha maraton de radio en directo, desde diferentes puntos de Galicia e norte de Portugal.
A asociacion, que e ONG consultora de patrimonio inmaterial para a UNESCO, terá na Universidade de Vigo un dos seus puntos de emision, desde o Auditorio Miralles do Campus de Vigo, nunha xornada de radio escolar na que a musica popular e as persoas portadoras do patrimonio cultural inmaterial terán un papel protagonista.
Serán nove centros de Vigo e da comarca os que participarán nesta xornada que contará coas actuacions de Magín Blanco, do grupo de musica do CEIP Seis do Nadal e de Xurxo Antunez, do grupo Os terribles de Donas. Artesáns e portadores do patrimonio tamen estarán presentes e serán entrevistados polo alumnado.
O xornalista Iago Gayoso conducirá a xornada de case cinco horas de radio escolar na que tamen haberá lugar para outras formas de patrimonio inmaterial. Unha xornada intensa A multiemision do “radiovisual” terá a realizacion de UVIGO television que xa ten colaborado en anteriores retransmisions de Ponte…nas ondas! a traves de Internet e sendo pioneiros na creacion de vídeos á carta ou nas emisions de television desde os auditorios da Universidade de Vigo.
No programa, que será emitido en directo a traves da web www.pontenasondas.org e desde o portal www.escolasnasondas.com participarán o IES Terra de Turonio de Gondomar, o CEIP de Petelos de Mos, o CEIP Seis do Nadal de Vigo, o CEIP Altamira e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, o CEP Carlos Casares e o IES de Salvaterra de Miño e o CPI Covaterreña de Baiona.
A xornada de Vigo foi presentada este venres no edificio Redeiras da Universidade de Vigo coa participaron a vicerreitora, Monica Valderrama; o cantautor Magín Blanco, a profesora e compositora Ana Senlle e o presidente de Ponte… nas Ondas!, Santiago Veloso.
Un total de 65 centros educativos en toda Galicia e Portugal 65 centros educativos das tres etapas formativas, primaria, secundaria e universitaria participarán directamente na programación do día 26 de marzo, realizando programas de radio en directo, coa participacion de persoas portadoras do PCI, artistas convidados/as e conexións con radios profesionais.
Desde a Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Santiago de Compostela (Facultade de Cinecias da Comunicacion), Pontevedra (Pazo da Cultura), Ourense (Auditorio Marie Curie da Facultade de Educacion), Vigo (Auditorio do Ed. Miralles), Valenca do Minho (Alfandega) e Lisboa (Instituto Gines de los Ríos), emitirase unha programacion de 4 horas en directo desde cada un dos estudios e auditorios.
Esta retransmision “radiovisual” poderá seguirse en directo desde a web (www.pontenasondas.org) e o portal Escolas nas ondas (www.pontenasondas.org ). En toda a programacion haberá unha ampla e diversa participacion de portadores do patrimonio cultural inmaterial, desde redeiras, alfareiros, contadores, regueifeiros…que serán entrevistados e realizarán en directo demostracion dos seus saberes.
Ademais, artistas galegos e portugueses participarán en directo con actuacions e entrevistas. Estrearanse composicions expresamente elaboradas para este 30 aniversario. Xornalistas de diversos medios enviarán testemuños de apoio á experiencia de comunicacion. Multiemisión desde a Alfândega de Valença do Miño Radio Nacional de España, a Antena 1 de Portugal e a Radio Municipal de Tui xunto coa programacion de Ponte…nas ondas! van converter o edificio da vella aduana de Valenca nunha ponte de emisions e nun espazo de festa nas ondas.
A programacion das respectivas emisoras compartirá convidados e tenderá pontes entre os programas de cada unha das emisions. O edificio vai acoller o futuro Centro do Patrimonio Cultural galegoportugues que Ponte…nas ondas! promove xunto coa AECT Rio Miño e a Eurocidade Tui-Valenca.