O Porriño | Este venres 28 O Porriño celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co II Concurso Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 e un concerto posterior do grupo galego Las Antonias. As actuacións comezarán as 21:00 h na praza do Arquitecto Antonio Palacios.
A gala será presentada pola drag queen porriñesa Oliver Soto que sorprenderá aos asistentes con algunha actuación especial, e cerrarase co espectáculo do grupo Las Antonias.
O grupo ten as súas orixes na Coruña no 2015, por iniciativa da súa vocalista Ana Lee. Las Antonias son coñecidas polas súas versións de boleros, nas que deconstrúen letras machistas con dose de humor para por en valor a figura da muller.
Dez novos traballadores municipais
O Concello do Porriño reforza o seu cadro de persoal con dez novos traballadores que desenvolverán as súas tarefas en diferentes servizos municipais.
Estas contratacións formalizáronse ao abeiro das axudas de fomento do emprego da Xunta de Galicia dirixidas a persoas que se atopen en risco de exclusión social ou sexan perceptores doa Risga, cunha inversión de preto de 120.000 euros.
Trátase en concreto de catro peóns de obra pública, tres de xardinería e tres conserxes que se contratan por nove meses cunha xornada parcial ao 75%.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Emprego, Limpeza e Vías e obras; Rosario Costas, José Carlos González e Ramón Porto; deron hoxe a benvida aos/as traballadores que se incorporaron xa ás súas tarefas.
O rexedor destacou que “ademais de supoér unha oportunidade laboral para todos estas persoas, estas contratacións mellorarán a nosa respota ao reforzar os servizos que prestamos á cidadanía”.