Salceda de Caselas | No Concello de Salceda presentouse no día de hoxe o programa “Únete a Volta”, ca intervención do Alcalde, Marcos Besada, a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, a Deputada Provincial Marta Iglesias e Ángela Ledo, membro da Anpa do CEP Altamira.
A Concelleira de Deportes presentou o acto, que terá lugar o próximo domingo día 3 de xuño. Sairá do CEP Altamira ás 10:30 horas, o avituallamento será na praza do Concello e a liña de meta estará situada no lugar de partida.
Marina Cabaleiro, “unha actividade que leva facéndose moitos anos, ca colaboración de moita xente, e este ano queremos agradecer expresamente a colaboración das casas comerciais, neste caso de tódas as Panaderías de Salceda e da empresa Frigolouro; dos voluntarios de protección civil de Salceda, da Deputación e por suposto, da ANPA do CEP Altamira”.
A Deputada Provincial, Marta Iglesias sinala que o obxectivo principal de levar esta iniciativa ós Concellos é fomentar o deporte e o turismo.
A representante da ANPA do CEP Altamira, Ángela Ledo, presente na rolda de prensa, agradece a colaboración, nesta actividade que nos últimos anos realizaban xa dende a ANPA do Colexio, da Deputación e do Concello de Salceda, xa que grazas ao Concello poden participar na marcha os nenos menores de 8 anos. Tamén agradece a colaboración das casas comerciais que colaboran co evento e das Comunidades de Montes.
Ó final da proba sortearase unha bicicleta electríca, tres bicicletas, cascos e outros agasallos.
Marcos Besada, Alcalde do Concello de Salceda, “cabe facer referencia a historia desta marcha ciclista que comenzou no Colexio Altamira fai arredor de 30 anos, como parte da celebración do día das letras galegas”
Tamén sinalar que o ciclismo en Salceda ten tradición, mención especial o C.C.Aragonta de Salceda que xa ten un precorrido de 5 anos e co que colabora o Concello, a través dunha subvención e colaborando en distintas actividades.