Arbo | O Concello de Arbo celebrou unha “espectacular” LXIII Edición da Festa da Lamprea do 28 ao 30 de abril, a primeira celebrada coa distinción de Interés Turístico Internacional, durante a que mostramos ao mundo enteiro a exquisitez da nosa gastronomía, a calidade dos nosos viños, o bo facer dos artistas locais e a hospitalidade de todos os veciños de Arbo”, segundo explicou un comunicado do Concello.
As festas comezaron coa lectura do pregón o día 28 de abril, a cargo do popular ex xogador de baloncesto Fernando Romay. No acto estiveron o alcalde Horacio Gil; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o deputado Santos Héctor; a vicepresidenta segunda del Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; e o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López.
A extensa programación incluíu a apertur de Arbomostra, a actuación da Banda de Música Unión Musical de Valladares, o concerto na Praza do Consistorio, a Charanga Encerellados, os grupos folclóricos A Barca de Loimil e O Son das Tabernas, Mel de Meiga e Dous Tipos e as orquestras Olympus e Cuarta Calle.
Dende o Concello de Arbo agradeceron o gran labor desenvolvido pola Guardia Civil e Protección Civil, o seguimento e promoción constante dos medios de comunicación e o traballo, a implicación e a xenerosidade de todos os expositores, voluntarios, membros da organización, persoal municipal, restauradores e veciños e veciñas de Arbo, non so durante a Festa, senón tamén ao longo de todo o ano, neste proxecto que tanto nos ilusiona, esforzos conxuntos que posibilitan que Arbo sexa reconocida como Capital Mundial da Lamprea.
“Agradecer tamén ao Goberno de España, á Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Abanca, Fundación Segundo Gil Dávila, entidades colaboradoras e asociacións culturais o apoio, contribución e defensa dunha Festa e duns produtos que cada ano adquiren maior repercusión”.
“A LXIII Festa da Lamprea rematou e foi un enorme éxito, éxito de toda unha vila envorcada coa súa tradición e as súas principais ensinas de identidade, a lamprea e o viño” finalizou o comunicado.