Valença | Nun emotivo acto que puxo en valor o patrimonio inmaterial compartido entre Galicia e o Norte de Portugal, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! celebrou o seu 30 aniversario este 26 de marzo cunha maratoniana xornada “radiovisual” desde as 9 am ata as 13 horas, transmitida simultáneamente pola Rádio e Televisão de Portugal (RTP) e a Radio Nacional de España (RNE) na que participaron 70 centros educativos de oito localidades galegas e portuguesas, sendo estas Vimianzo, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Valença e Lisboa.
En Valença o acto foi realizado na Antiga Alfâdega ou Aduana fronteiriza, moi próxima á Ponte Internacional que une con Tui. Alí estiveron presentes artistas, docentes, estudantes e expertos para conmemorar tres décadas de promoción do patrimonio cultural inmaterial compartido entre Galicia e o norte de Portugal.
Cun comezo musical por parte dos alumnos do Coro da Academia de Música dá Fortaleza de Valença, o programa incluíu as intervencións de José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Esmeralda Carvalho e Santiago Veloso, presidentes de Ponche nas Ondas; e Álvaro Campelo, antropólogo.
A música seguiu estando presente cunha animosa fusión de música galega e portuguesa a cargo de Augusto Canário e Bieito Lobarinhas; as actuacións do grupo Luar do Minho de Valença e do recoñecido músico Pancho Álvarez; e a Cantata de António Variações pola EB 2/3 de Caminha.
Tamén houbo espazo para a investigación, a educación e o diálogo coas intervencións sobre o “trapicho na raia” con Augusta Santana, a cargo da Escola Muralhas do Minho de Valença; a cineasta valenciana-tudense Diana Gonçalves, sobre historias de mulleres na fronteira; a presentación do proxecto sobre mulleres na Ribeira de Viana a cargo da Escola de Santa María Maior de Viana do Castelo; as lendas e trandicións de Galicia e Norte e Portugal contadas pola Escola de Penafiel Sueste; artesanía e etnografía cunha mostra da Escola de Melgaço e outra de oficios tradicionais polo IEA Pérez Tizón; o proxecto de lendas e de pregóns polo Agrupamento de Monção; e finalmente a presentación especial da TUNESCE – Tuna Académica dá Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença.
Dentro da programación nas demais localidades tamén participaron o IES Terra de Turonio de Gondomar, o CEIP de Petelos de Mos, o CEIP Seis do Nadal de Vigo, o CEIP Altamira e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, o CEP Carlos Casares e o IES de Salvaterra de Miño e o CPI Covaterreña de Baiona.
A conmemoración pudo seguirse a través das plataformas www.pontenasondas.org e www.escolasnasondas.com. A transmisión simultánea nas oito localidades pode verse en: https://pontenasondas.org/?lang=es