O Porriño | O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, visitou hoxe a subestación de Atios na que a distribuidora eléctrica de Naturgy vén de invertir preto de 350.000 euros para a construción dunha nova liña de de saída de media tensión ata o Polígono Industrial de As Gándaras.
A actuación consiste na construción dunha liña de media tensión subterránea de 1.724 m dende a subestación de Atios ata o polígono industrial de As Gándaras co obxectivo de apoiar o subministro eléctrico na zona. Ademais, tal e como explicaron os técnicos ao rexedor, está proxectada tamén a reforma do centro de seccionamento existente para dotalo de máis celdas telecontroladas para optimizar a fiabilidade do servizo.
“Esta nova liña permitirá potenciar a calidade do subministro eléctrico e aumentar a capacidade da red de distribución nunha zona industrial en crecemento”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Os nosos polígonos industriais son o motor económico do Porriño e de parte da contorna, as melloras na calidade do servizo que se lles preste sempre repercutirán positivamente para todo o muncipio”.
Pola súa parte, o delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, explicou que “con estas novas actuacións, reforzase o servizo no Polígono de As Gándaras, que contará cunha nova liña de media tensión de reforz, asegurando o subministro dunha das zonas industriais máis importantes de Galicia”.