Tomiño | O Concello de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de aprender outra lingua, a mocidade amplía as habilidades comunicativas e axuda a introducirse noutra cultura, e a abrir portas a nivel laboral. O alumnado adquire coñecementos de comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita.
A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradece a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior
Aos tradicionais cursos de inglés, francés, italiano e portugués fóronse engadindo outros menos convencionais, coma o chinés ou o ruso. E para sorpresa dos organizadores, as persoas que se apuntaron foron moitas.
Poucos días antes de que comenzara o confinamento, arrancou o CURSO DE CHINÉS III, dirixido a persoas con coñecementos na lingua e quixeran melloralos coa axuda dunha docente nativa. Lili Wo, unha profesora nada en Shangai e radicada en Galicia hai 12 anos. Ás súas clases na Universidade de Vigo e no Instituto Confucio, suma ásorganizadas pola Omix de Tomiño, e nonlle vai nada mal, coma amosan as 30 persoas que continúan formándose con ela. Para non suspender o curso, decidíu impartilo a través de internet, dividindo o grupo en dos e realizando sendas videoconferencias dende a súa casa, en Salvaterra do Miño.
Entre os seus alumnos e alumnas, son máis as mulleres que se interesan en aprender o chinés. A media de idade está entre os 25 e os 30 anos, aínda que tamén hai persoas de 16 e de 50. Unha vez á semana, se reúne con eles para seguir impartindo os fundamentos da súa lingua nativa, tanto falada coma escrita, da que xa coñecen máis de cen caracteres. Comenta que non é particularmente difícil, pero require estudio, coma todos os idiomas. Entre o alumnado hai dous mozos que xa superaron, incluso, o primeiro nivel dos exámenes oficiais coa máxima nota.
Entre as estudantes figuran tamén dúas mozas nadas en China e criadas en Galiza que queren aprender o idioma da terra onde naceron.
Pero, curiosidades aparte, o máis importante é que todos poden manter pequenas conversacións ou formular as preguntas básicas para poder relizar unha viaxe por China.
A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradece a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior.