MOS/BNG | Xa se leva falando desde hai anos da necesidade da revisión da RPT ( relación de postos de traballo) no concello de Mos, unha revisión que actualizaría os complementos que cobran os traballadores, as funcións que realizan e os postos que formarían a plantilla municipal.
“Só feita para as necesidades do PP”
Como todo o que toca o PP, de ser un valioso instrumento, pasa a ser unha revisión cutre, caciquil e sometida aos intereses do equipo de goberno. Tanto aos representantes dos traballadores coma a oposición, se nos traslada a documentación a mediados do mes de outubro. Esto xa demostra a pouca gana de negociar algo que ten este goberno.
Nalgún caso adáptase a RPT á lei actual ( no caso de Tesorería), e sobre todo o que se fai é solucionar o problema que ten o goberno por darlle gratificacións de productividade a certos traballadores, creando para eso uns novos postos de traballo que podemos cheirar que xa teñen nome e apelidos.
Non se comprende por parte de case ninguén, as presas que corren agora por aprobar esta RPT, unhas presas que esconden a incapacidade dun goberno que está en permanente campaña nos medios de comunicación, e que fai unha política valeira de contido.
O goberno só revisa as funcións e retribucións daqueles postos que lle interesa , sen tempo para negociar nin facer cambios máis profundos. Chegando inclusive a crear unha plaza para que cando unha funcioanria que é concelleira do PP , deixe de selo, poda ter un retiro acorde aos servizos prestados ao partido, unha vergonza. O BNG por suposto com estes antecedentes vai votar en contra desta RPT caciquil.
O día a día no concello demostra a cutrez e cheiro a reseso que desprende este goberno do PP. Moita foto, moito repetir mil veces a mesma noticia, pero no fondo non hai nada consistente.