Tomiño | Forma parte do proxecto “Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño”, evento cultural que puxo en marcha o longo da ruta peregrina de Inverno, para dar a coñecer este traxecto que transcurre entre O Bierzo(León) e Lalín(Pontevedra), tramo recientemente recoñecido pola Xunta de Galicia como Camiño de Inverno, no que durante tres anos se viñeron realizando actividades multidisciplinares relacionados co personaxe de palla, implicándose un centenar de artistas e xente do rural tanto en exposicións en diversas Salas ou na instalación de espantallos, nas hortas próximas o Camiño de Santiago, así como a realización de talleres con alumnos de diversos centros culturales e igualmente presentación de libros sobre a mesma temática así como a representación da obra de Teatro “Espantallo Amigo” do inolvidable Neira Vilas.
“Queremos dar a coñecer os pobos polos que transcorre o Camiño, espallar a creatividade e dar a coñecer o desenvolvemento hortícola, histórico, cultural e etnográfico das aldeas”, explican os responsables da idea.
Pensan que os espantallos son máis que unha ferramenta para aledar aos paxaros e queren que volvan a formar parte da campía, sustituindo os plásticos e outros materiales que conforman o chamado feismo. Na mostra tomiñesa, participarán máis de 22 artistas galegos e portugueses, alen de implicarse un grupo de alumnos do CEP Pedro Caselles, dirixidos polo pintor de San Salvadaor de Tebra, Basilio Calzado. Entre os nomes máis destacados do panorama artístico nacional, atópanse,o cubano, Nelson Villalobos; vigués, Xavier Lemos; vasco, Ángel Aja; guardés, Alfonso Vicente e igualmente, creadores portugueses da talla de Mario Garrido, Victor Alves, Madalena Macedo, Sandra Longras, Mario Rebelo, entre outros.
A exposición poderase visitar en horario de mañá e tarde (no horario habitual do mercado) até o día 30 de abril e a partir deste ano decorrerá polo Camiño Portugues, estando xa programadas varias exposicións en distintas salas de diversos Concellos.
Por Manuel Estévez.