A Cañiza | A Cañiza celebrou este 2 de marzo unha nova edición do seu tradicional Concurso de Comparsas que chegaron ata a Carballeira do Cacharado cun gran nivel de orixinalidade, humor e posta en escea na rúa Antonio Facorro.
En total participaron 8 comparsas que incluíron unhas 300 persoas. Repartíronse un total de 2.300€ en premios de cada categoría de infantil e adultos. O xurado entregou os premios ás seguintes comparsas: 1º Premio adultos: “En Oroso viven como reinas”; 2 º Premio adultos: “Springfield invade A Cañiza”; 3º Premio adultos: “Paxaretada na Cañiza”; 4º Premio Adultos: “Barbieland”; 1º Premio Infantil: “Por un amor eterno”; 2º Premio Infantil: “Chusquilego”.