Madrid/Unidas Podemos | Unidas Podemos exixe a dimisión inmediata da alcaldesa de Boimorto, a popular María Jesús Novo Gómez, tras terse publicado hoxe por parte de eldiario.es que se vacinou contra o coronavirus sen atoparse en ningún dos grupos que están a recibir a vacina.
As explicacións que recolle o xornal e nas que xustifica a súa vacinación como persoal dunha residencia son estrafalarias e absolutamente insuficientes, xa que a rexedora da localidade coruñesa de Boimorto conta con dedicación exclusiva para o cargo público que desempeña.
“Esiximos que dimita inmediatamente e que pida disculpas públicas por ter empregado o seu cargo público para pasar por diante da xente maior do noso país ou do noso persoal sanitario que leva meses en primeira fila loitando contra o virus”, sinalou Gómez Reino.
O deputado pregúntalle ademais ao señor Feijóo “se hai máis responsables políticos ou cargos públicos que teñan pasado por diante dos maiores ou do persoal sanitario”.
“Está fora de toda ética e compromiso co servizo publicó que en plena terceira ola, cos hospitais colapsados e con toda Galicia confinada, algúns utilicen o seu cargo público para o seu propio beneficio e non os do conxunto da cidadanía”, conclúe Gómez Reino.
“A rexidora popular de Boimorto debe dimitir de inmediato”, sentenciou.