102 foron de obras maiores, 113 de obras menores, 62 de actividade, 20 de primeira ocupación, 2 de fóra de ordenación e 6 vados
Con motivo do comenzo do novo ano, a concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, fixo balance esta mañá do traballo desenvolvido durante o pasado 2011 en dito departamento. E é que a actividade no departamento de Urbanismo en 2011 foi pouco menos que frenética xa que se concederon un total de 305 licenzas durante o recentemente finalizado ano. Dato este, o das 305 licenzas concedidas en 2011, clave e moi representativo da gran actividade que se está a desenvolver dende o departamento municipal de Urbanismo. A gran demanda de licenzas é moi relevante, e máis nestes momentos de crise económica que se están a vivir, pero tamén o é a resolución das mesmas, que é posible gracias á eficiencia do persoal técnico do departamento, segundo declaraba hoxe a edil responsable do mesmo, quen explicaba que a principal característica da concellería de Urbanismo durante o 2011 foi a operatividade.
De entre as 305 licenzas concedidas en total no 2011, 102 foron de obras maiores, 113 de obras menores, 62 de actividades, 20 foron licenzas de primeira cocupación, 2 de fóra de ordenación e 6 delas foron vados.
Loureiro fixo tamén fincapé no seu informe, sobre as licenzas de obra e actividade de naves de nova construcción que en 2011 ascenderon a un total de 23 as concedidas, fronte ás 7 concedidas en 2010, 4 no 2009 e tan só 2 no 2008. Esta realidade foi posible en boa parte gracias á activación do PEMOS Veigadaña que nestes intres se atopa nunha porcentaxe de ocupación do 51%, segundo datos facilitados por Xestur Pontevedra; 51% de ocupación que se reparte entre naves xa construídas e parcelas adquiridas para a próxima implantación de empresas.
Esta porcentaxe responde ó número concreto de 48 parcelas ocupadas das 94 existentes en total. Destas 48 parcelas, 40 están xa asinadas –en construcción e tramitación de licenzas- e as 8 restantes atópanse en reserva.
Outro aspecto destacable do bo funcionamento de Urbanismo en 2011 foi o cumprimento dos prazos para informar, que se están a axilizar ó máximo. No caso do prazo para informar obras maiores non se están a sobrepasar os tres meses, no caso das obras menores o prazo máximo é dun mes, e no caso das licenzas de actividade e obra no Parque Empresarial da Veigadaña estase a informar en menos de dous meses.
Ordenanzas
Últimamente, xa a finais do pasado ano 2011, aprobáronse varias ordenanzas urbanísticas coma a Ordenanza de Tramitación de Actividades mediante o Sistema de Comunicación Previa ou Declaración Responsable, en aplicación da Directiva de Servizos, que pretende axilizarlles a tramitación ós cidadáns que desexen desenrolar unha actividade.
Esta Ordenanza é un gran avance para o Concello de Mos, que se pon en materia de Urbanismo á altura doutros concellos coma os de Vigo, Santiago e A Coruña, tamén pioneiros na implantación de dita Ordenanza.