Úrsula von der Leyen entra en campaña en Galicia

A presidenta da Comisión Europea respaldou ao PP de cara aos comicios parlamentarios europeos

A Coruña | O ambiente na romería de O Pino este 1 de xuño tivo un sabor especial. Ante máis de 5.000 persoas, a presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, visitou esta localidade coruñesa para respaldar ao Partido Popular no marco da campaña electoral dos comicios parlamentarios europeos previstos para o vindeiro 9 de xuño.

Ademais de von der Leyen, a cita no Pino reuniu ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao presidente do PP español, Alberto Núñez Feijóo, á número 1 da lista do PP para as parlamentarias europeas Dolors Montserrat. Con anterioridade estiveron na Catedral de Santiago de Compostela.

A visita de von der Leyen estivo determinada polo momento político que viven España e Europa. No caso español resultaba evidente para o PP contextualizar esta visita no marco da recente aprobación da Lei de Amnistías no Congreso de Deputados. De xeito colateral, Feijóo fixo referencia a esta feito cando agradeceu a von der Leyen “por comprometerse coa liberdade, a democracia e o Estado de Dereito en España”, sabidas contas das reticencias de Bruxelas a aprobar esta lei.

 

Pola súa banda, Rueda analizou a visita de von der Leyen no marco “da importancia crecente de Galicia en Europa” ademais da relevancia que Bruxelas lle da ao Camiño de Santiago “como punto de encontro para Europa”, unha mensaxe acorde coas expectativas europeístas de cara a estas eleccións, en particular ante o avance dos populismos de ultradereita críticos ou rupturistas con Bruxelas.

E aquí entra a colación os esforzos de von der Leyen por ‘branquear’ á ultradereita europea de cara a estas comicios parlamentarios, a fin de eventualmente cohesionar un bloque de dereitas maioritario no Parlamento Europeo. Nada diso falouse na cita de O Pino. Nin a cohabitación PP-VOX en determinados ámbitos políticos en España nin a posibilidade de que a lista electoral da primeira ministro italiana Georgia Meloni se converta na nova referencia desta ‘ultradereita europea’.

Para o PP, a visita de von der Leyen é a garantía dunha aposta polo europeísmo que pode verse circunstancialmente transformado despois do 9X, en caso de que o Partido Popular Europeo e as diversas forzas conservadoras se vexan na obriga de acudir a estes apoios da ultradereita para alcanzar a maioría parlamentaria durante o vindeiro período lexislativo 2024-2029, importante para a definición das prioridades dunha UE enfocada na guerra de Ucraína, nas tensións OTAN-Rusia e as expectativas de impulsar unha Europa da Defensa que implique unha maior militarización do espectro político europeo. Tanto como o presidente francés Emmanuel Macron, von der Leyen amosa igualmente o seu entusiasmo por este enfoque militarista.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.