Ponteareas | O grupo de participación xuvenil do Concello, Mentes Novas, consegue representación no Consello Estatal da Infancia e da Adolescencia. Unha das súas integrantes, Uxía, obtivo a valoración positiva dun xurado formado por traballadores do sector público e de entidades cuxa actividade céntrase no desenvolvemento dos dereitos da infancia e incorporarase a este órgano permanente de consulta. O ente está adscrito ao Ministerio de Infancia e Xuventude.
Deste xeito, Uxía trasladará ás administracións públicas as inquedanzas da mocidade da vila. O obxectivo é que se teñen en conta á hora de redactar e elaborar as leis.
Para iso, participará activamente nas asembleas deste organismo dependente do Goberno central durante un período de, como mínimo, dous anos, que poderá renovar ata completar un total de catro.
O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, indica que “coa incorporación de Uxía a este Consello, Ponteareas é un dos municipios que conta con representación neste eido a nivel local, autonómico e estatal”. O edil apuntou que “estamos orgullosos da nosa mocidade que demostra, día a día, a súa implicación na vida pública”.