O Porriño | Tras o éxito das anteriores quendas o Concello do Porriño pon en marcha a quinta edición do programa de adquisición de competencias dixitais para mulleres, Galegas Dixitais.
Nesta actividade formativa adquirirán competencias dixitais para o día a día, avanzadas para a mellora da capacitación laboral e tamén para o emprendemento. As participantes recibirán un ordenador portátil gratis e o título acreditativo oficial.
Será en quenda de tarde e como en anteriores ocasións desenvolverase nas instalacións de Porremprego, no Multiusos de Torneiros.
As interesadas poden inscribirse xa, enviando un email a orientación@porremprego.org ou orientación@oporrino.org, tamén poden facelo presencialmente nas oficinas de Porremprego.