Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa de que mañá, martes 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas 2022, celébrarase a quinta edición da gala homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”. A cita será a partir das 20:00 horas, no Auditorio de Ribadumia.
Nesta ocasión, a cerimonia terá como protagonista á Asociación Cultural Añoranza, que promove o uso do galego tanto nas súas actuacións como noutras actividades, promocións de actos, etc.
O Concello pretende, deste xeito, non só celebrar o día no que se honra á lingua galega, senón tamén aproveitar esta ocasión para render homenaxe aos veciños e veciñas, asociacións ou entidades do municipio que participan, dun xeito ou outro, en prol da conservación e posta en valor da nosa lingua.
Os presentes poderán desfrutar tamén do concerto a cargo das Lembranzas, que presentarán o seu disco “Gaela”.