V torneo internacional de tenis feminino de Ourense

Será do 3 ao 10 de agosto de 2025

Ourense | O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse na Delegación Territorial co presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera. O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do tenis na provincia ourensá.

Pola súa banda, Manuel Pardo animoulle a continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do tenis galego.

Ourense volverá coller un torneo de alto nivel de tenis feminino en verán. A data de celebración adiantarase unha semana con respecto ao anteriores catro edicións. O Torneo Internacional de Tenis de Ourense está incluído dentro da categoría W50 da ITF (Federación Internacional de Tenis). Se en anos anteriores celebrouse na terceira semana de agosto (do 12 ao 18), a quinta edición, no 2025, desenvolverase do 3 ao 10 do mesmo mes, segundo confirmou Mosquera.

José Mosquera sinala que, ademais de entregarlle un obsequio ao delegado, comentoulle as novidades da próxima edición. Ademais do cambio de data, tamén lle apuntou que para torneos deste nivel a ITF esixirá aos organizadores locais que dean hospitalidade ás xogadoras.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.