“Valmiemprega Xove” inicia o seu programa de actividades

O Obradoiro de Emprego “Valmiemprega Xove” inicia o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor e atende a visitantes na Oficina municipal de turismo.

 

Gondomar | Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, inicia esta semana o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor.

Este Obradoiro, no que se están a formarse e realizar prácticas en materia de promoción turística local 15 mozos e mozas da comarca, desenvolverá nas próximas semanas actividades de sensibilización e promoción do patrimonio cultural e natural e dos recursos turísticos do Val Miñor a través de charlas e presentacións aos alumnos.

Ademáis, o alumnado que cursa esta especialidade atenderá ata finais de marzo as visitas e consultas que se dirixan á concellería e á Oficina municipal de turismo de Gondomar, ubicada nos locais do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar e aberta en horario de 10 a 14 horas, de luns a venres.