“Verán con Sabor” en Salvaterra

Un total de 27 establecementos participarán neste evento gastronómico


Salvaterra de Miño | A guía gastronómica do verán de Salvaterra de Miño que reúne as mellores suxerencias dun total de 27 establecementos de hostalaría na que atoparemos dende almorzos, tapas, pratos ata cócteles.

Unha campaña que ten preto de 50 premios para aqueles que proben as suxerencias
durante os meses de xullo, agosto e setembro e sellen nos pasaportes un total de 6 selos
diferentes. Toda a información xa está dispoñible en veranconsabor.concellodesalvaterra.com