Verán Cultural de Salceda


Salceda de Caselas | A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo. Nun ano extremadamente complexo polas dificultades económicas, a Concelleira amósase moi agradecida coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para amosar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de dúas semanas. No ciclo hai citas que non poden faltar, como o certame de bandas de música, o festival folclórico ou o día da infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores.
Tere Pérez, Concelleira de Cultura, lamentou a falta de apoio da Xunta de Galiza ás actividades culturais realizadas dende os concellos, nun momento máis delicado que nunca: “non queremos que a xente se quede sen festas, problemas xa hai abondo como para non poder ter uns días de diversión”. Dende a Concellaría de Cultura téntase ofrecer un programa variado e para tódolos públicos, convidando a tódolos salcedenses a participar dos actos e a pasar uns bos días entre amigos e familiares.
SÁBADO, 30 DE XUÑO Audición da Escola de Música // 21:00 Auditorio Municipal DOMINGO, 01 DE XULLO Grupo de teatro Osiris (ACUCA) // 19:00 Auditorio Municipal LUNS, 02 DE XULLO Roteiro “Coñecendo os pazos de Salceda” 19:00 Saída da Carballeira de Xabarís Remate sobre as 22:00 nos furanchos de Picoña MARTES, 03 DE XULLO Relaxándose en familia (actividade do voluntariado de Salceda) Inscrición previa na Concellaría de Benestar ou na Casa da Cultura 18:30 Centro Social A Devesa Grupo de teatro de Castro Barreiro // 22:30 Praza do Concello MÉRCORES, 04 DE XULLO Festival folclórico coa participación dos grupos folclóricos de Salceda 22:00 Parque Raíña Aragonta XOVES, 05 DE XULLO Actuación da Asociación Cultural O Rubal (Picoña) 22:30 Praza do Concello VENRES, 06 DE XULLO Jose Manuel Caballero e amigos (música de diversos estilos con gaita) 22:30 Praza do Concello SÁBADO, 07 DE XULLO XXI Certame de Bandas de Música Banda C. de Teo // Agrupación Musical do Rosal // Banda C. de Salceda 21:30 Praza do Concello DOMINGO, 08 DE XULLO Escola de teatro Xerpo con “A voda” // 20:00 Auditorio Municipal LUNS, 09 DE XULLO Actuación do Centro Cultural O Borralliño (Soutelo) 22:30 Praza do Concello MARTES, 10 DE XULLO Actuación da Agrupación Cultural Xunco (Parderrubias) 22:30 Praza do Concello MÉRCORES, 11 DE XULLO Día da infancia: hinchables, festa da espuma… // 17:00 Praza do Concello Maxia con o Mago Marco // 22:30 Praza do Concello XOVES, 12 DE XULLO Roteiro “coñecendo en familia” 19:00 Saída da Praza da Igrexa de Santa María Remate sobre as 21:00 na área recreativa O Rubal (Picoña) Grupo Rubato // 22:30 Praza do Concello VENRES, 13 DE XULLO Creación de contos e historias con monicreques (nenos/as de 4 a 7 anos) 19:00 Casa da Cultura A. D. Rguez. Castelao Actuación do Centro Cultural O Coto (Budiño) // 22:30 Praza do Concello FESTAS NA HONRA DO CRISTO DAS ANGURIAS SÁBADO, 14 DE XULLO 20:00 Animación infantil 22:00 III Estourazo de inicio de festas co Soutelo F. C. como protagonista e coa participación da charanga SGHAE e grupos varios 23:59 Verbena coa orquestra Nova Palma DOMINGO, 15 DE XULLO 11:00 Entrada da Banda de Música Cultural de Salceda 11:30 Acto civil de homenaxe a salcedenses distinguidos 12:00 Misa de campaña cantada polo Coro Polifónico de Entenza 13:00 e 21:00 Concertos da Banda Cultural de Salceda 22:00 Verbena coas orquestras Madeira e Chicago LUNS, 16 DE XULLO 22:00 Verbena coas orquestras Miramar e Salsa Rosa E ADEMÁIS… Exposición de escultura en madeira de Suso Balado Do 2 ao 20 de xullo na Casa da Cultura Castelao Exposición de manualidades de Paula Sánchez Do 14 ao 16 de xullo no Centro Social A Devesa Torneo Verán 2012 de futbol sala cadete 27 e 28 de xullo ás 20:00 no Pavillón de Deportes