Vía Galega impulsa o izado da bandeira en conmemoración do 106 aniversario da I Asemblea Nacionalista

Este sábado 23 de novembro a través de diversos actos dentro da campaña de popularización dos símbolos nacionais

Santiago de Compostela | A Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, Vía Galega continúa no seu empeño de popularización e divulgación dos símbolos galegos, o himno e a bandeira. Desenvolve así unha intensa campaña pola xeografía galega do 17 ao 23 de novembro, de exhibición da bandeira galega, que consistirá en colocala en fiestras e varandas e distribuíla por todo o país.

Unha das accións previstas desta campaña é realizar dun acto simultáneo en numerosas localidades de toda Galiza, o sábado, día 23 de novembro, ás 12h, que ten como fin colocar bandeiras galegas. nun lugar vistoso para que perduren no tempo. A elección desta data vén motivada para conmemorar un fito destacado da nosa historia. O 17 e 18 de novembro de 1918, as Irmandades da Fala realizaban en Lugo a I Asemblea Nacionalista Galega. Concretamente, o 18 de novembro cúmprense 106 anos da aprobación do programa-manifesto, no que as Irmandades da Fala se declaraban nacionalistas e plasmaban as súas propostas para constituír un poder galego soberano.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.