Viacrucis en Salvaterra

O vindeiro domingo 13 de abril no recinto amurallado

Salvaterra de Miño | Por cuarto ano consecutivo a veciñanza de Salvaterra celebrará o tradicional Viacrucis o domingo 13 de abril, a partir das 18:30, no recinto amurallado.

No acto participarán case un centenar de veciños de distintas parroquias do municipio e doutros Concellos próximos. A representación da pasión e morte de Cristo terá sonido ambiental e estará acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.