Salvaterra de Miño | A pasada fin de semana do 7 ao 9 de xullo celebrouse en Salvaterra de Miño o XIX Rallye Sur do Condado.
Unha proba que tivo como punto de partida o noso concello e que rematou coa
ceremonia de entrega de premios nun enclave novo, o recinto amurallado.
A organización, que felicitou a tódolos participantes da edición que vai cumplir vinte
anos, fixo a entrega dos trofeos das distintas categorías neste lugar privilexiado.
Víctor Senra e David Vázquez, líderes durante boa parte da xornada, lograron ó remate
da proba o ansiado título de gañadores do Rallye Sur do Condado.
Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, destacou que “esta proba é un referente
na nosa comunidade autónoma, nótase porque cada ano atrae a máis apaixonados do
mundo do motor.
Segunda quenda do campamento de verán
Durante todo o verán máis de 200 nenas e nenos participarán deste campus
confinanciado pola Deputación de Pontevedra.
O campus de verán organizado polo Concello de Salvaterra de Miño comezou o pasado 3 de xullo e súmase o programa de conciliación para as familias. En total son catro quincenas que teñen como fin de axudar a conciliación e que se implementan coa Aula madruga e Comedor.