Ourense | María Victoria Carballo-Calero, nada en Ferrol, recibiu no pazo ourensán de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo, o Premio Trasalba 2021. Os actos comezaron, logo da reunión do padroado da fundación, coa visita teatralizada “Nós, as mulleres”, acto que se enmarca dentro do programa “O teu Xacobeo”. Presentouse o libro “Lembranzas do meu vivir I: O meu século XIX. Os tempos do instituto. Ourense, 1898-1904”, de Teresa García-Sabell Tormo.
A parte musical correu a cargo de Manolo de Felisa para dar paso ao homenaxe a María Victoria Carballo-Calero e a entrega do premio. A laudatio foi de Jorge Varela e procedeuse á presentación do libro “María Victoria Carballo-Calero Ramos. Verde lus nas pupilas de pedra”, por Susana Reboreda. Despois da entrega do Premio Trasalba interviu a galardonada. Remataron os actos coa actuación da Banda de Gaitas de Amoeiro.