A taxa de paro no municipio de Vigo aumentou no segundo trimestre de 2018 nun 0,4 % con respecto ao primeiro trimestre deste ano, segundo os datos da EPA (Enquisa de Poboación Activa) publicada recentemente. O número total de parados na cidade olívica sitúase en 24.300 persoas, 1.400 máis que nos tres primeiros meses do ano.
Doutra banda en Vigo cada noite acéndense 9 millóns de luces led repartidas polas 300 rúas da cidade olívica. Hainas para todos os gustos e de todas as cores, o que fai que cada parado vigués conte coa luz de 370 luces led por cabeza cada noitiña do Nadal deste ano.
Espero que eses mesmos parados teñan a sorte de atopar un emprego o vindeiro ano 2019 aínda que sexa nunha empresa que fabrique luces led…