Vigo acollerá o Startup Congress Galicia

O maior evento de investimento os días 20 e 21 de abril

Vigo | O Consorcio da Zona Franca de Vigo apoia un ano máis o Startup Congress Galicia, que se celebrará en Vigo (Palacio da Oliva) os días 20 e 21 de abril e reunirá a todas as aceleradoras galegas e máis de cento cincuenta fondos de investimento.

A presentación contou co delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; o alcalde, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; e os organizadores Lalo García e Frankie Gómez. O congreso desenvolverase cun gran programa con charlas con tres salgas simultáneas con relatorios, keynotes, entrevistas, mesas de debate, pitches de investimento e entrega de premios ás tres mellores Startup. Un ano máis se realizarán charlas sectoriais onde se debaterá entre actores de cada sector sobre o futuro de diversas áreas.

O evento terá prazas limitadas para presencial. O delegado David Regades destacou que “xa contan con máis de 600 inscricións, co que se superará o récord do ano pasado” e subliñou que “é o maior evento que reúne ás startups e investidores en Galicia”.

O alcalde de Vigo dixo que “o congreso necesariamente tíñase que celebrar en Vigo porque é unha cidade con ADN emprendedor e onde se xeran proxectos á vangarda da economía”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestouse “apaixonada do emprendemento, que é fundamental na nova economía” e destacou os programas da Deputación nesta liña.

Lalo García e Frankie Gómez explicaron que tamén contarán con fondos de investimento de Portugal, ademais de destacar que Startup Congress Galicia é tamén é un foro de innovación e poñer en valor o traballo que veñen realizando desde 2010. Este ano o Startup Congress Galicia terá a presenza de empresas como Stellantis, Cinfa, Gebro Pharma, Visa, Mastercard, Cesmsa, Roberto Verino ou Grant Thortom.

Entre as startups estarán Trison, Velca, Efimob, Devo, Getlife ou Ironchip. Como relatores destacan Aquilino Pena, de Kibo Ventures; Doura Casal, de Roberto Verino; Ricardo Muiños, de Deloitte; ou Luís Garay, do fondo Samaipata Nas mesas “O futuro de..” debaterase sobre como será a Industria do retail, a banca, a saúde, a fraude e ciberseguridade, a alimentación ou o turismo con representantes destacados destes ámbitos que expoñerán en mesas de debate as súas visións sobre os cambios que se produciron e estanse producindo.

Dando unha expectativa de que nos depara o futuro nestes sectores. Durante a tarde do xoves e a mañá do venres as aceleradoras Viagalicia, BFAero, BFAuto, Celta Labs, Abanca Innova, BFFood, High Tech Auto e Connector Startp Accelerator presentan as súas mellores empresas aceleradas a un extenso grupo de investidores que poderán dispoñer de espazos particulares para expoñer as súas necesidades e interese para atopar capital e poder sacar adiante a súa idea. Unha das salas terá como contido máis de vinte workshops onde se expoñerá en charlas curtas duns trinta minutos diversos temas que son de gran interese para calquera empresa. Mecenado tecnolóxico, unha vía innovadora para startups e pemes; Oportunidades e retos na nova lei de Protección ao Informante; Deseño dunha estratexia integral de propiedade industrial nunha Startup; Financiamento sen equity para acelerar o teu negocio: unha oportunidade de 90M€ de fondos; Financiamento público para startups; Financiamento Europeo; ou Como escalar unha startup, son algúns dos temas que se tratarán nestas pílulas informativas. Para poder acceder aos contidos é necesario acreditarse na web de Laconnetwork e concretamente para acceder á Sala de Demo Days do Foro de Investimento, nas horas dos pitches ou mesas de investimento han de acreditarse por invitación. Só poden asistir as aceleradoras, investidores acreditados e está claro os proxectos que presentan. A partir de mediodía do venres producirase a clásica Laconnetwork. Desde xaneiro de 2010 prodúcese unha concentración espontánea de emprendedores relacionados coas TIC. Cada último venres de mes, reúnense coa desculpa dunha comida informal, emprendedores que construíron o seu modelo de negocio sobre a rede.

Desde a primeira convocatoria deste acto, fóronse sumando participantes, chegando a máis de 1.000 asistentes rexistrados. O modelo está baseado en que calquera pode organizar unha Lacon mensual na súa zona, baixo dúas premisas moi simples: Cada un pagará o seu en modo fondo común e non se come sentado para propiciar o networking e a mobilidade dos asistentes. Desde o ano pasado pasa a denominarse Startup Congress co obxectivo de chamar a atención de empresas e investidores no ecosistema emprendedor Gallego. É unha iniciativa da Asociación Galega de Emprendedores.

Programa completo: https://www.laconnetwork.com/programa_scg23/