Vigo | Este sábado 6 de novembro realizouse no Auditorio da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo unha mesa redonda sobre as diásporas venezolana e galega foi organizado en Vigo pola Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) e a Asociación Amigos de Venezuela en Vigo, contando coa colaboración da Xunta de Galicia.
Baixo o nome “GALICIA: As diásporas de ida e volta, a circulación de capital humano”, neste evento participaron Marta Fernández-Tapias, Delegada da Xunta de Galicia na cidade de Vigo; Manuel Pérez Vidal, presidente de FEVEGA e da Asociación Amigos de Venezuela en Vigo; Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia; Manuel Rodríguez, activista venezolano radicado en Madrid e coordinador do partido político A Causa R; e Tomás Páez, sociólogo da UCV e Coordinador do Observatorio da Diáspora Venezolana, autor do libro La Voz da Diáspora Venezolana (2015), quen resaltou que “a diáspora é un elemento de democracia” que, no caso venezolano, ten “capacidade para contribuír na reconstrución de Venezuela”.
O encontro serviu para intercambiar experiencias e impresións sobre o fenómeno migratorio e diaspórico entre Galicia e Venezuela, considerando a realidade social, económica e cultural que o mesmo implica así como os mecanismos e ferramentas que se están levando a cabo en materia de axudas e cooperación.
O acto contou cunha masiva asistencia, principalmente por parte da comunidade venezolana residente en Vigo e Galicia, e que rexistrou un aforo de aproximadamente 70 persoas. Entre o público asistente tamén estiveron presentes representantes de partidos políticos e asociacións civís e de inmigrantes que fan vida na cidade olívica.