Vigo, motor de Stellantis para coches eléctricos

A filial de Balaídos asegura o seu futuro laboral con 500M€ de investimentos para a próxima década

Vigo | De visita na cidade olívica, o xefe da rexión Europa Ampliada de Stellantis, Jean-Philippe Imparato, informou que a filial de Balaídos manterá xunto con Zaragoza a produción de coches da plataforma STLA Small segmento B que se complementarán cos compactos da italiana de Pomigliano d’Arco.

O momento xeoeconómico e xeopolítico é clave para esta decisión de Stellantis. A competencia que supón Hungría tralo seu acordo con China en maio de 2024 de abrir no país centroeuropeo a principal fábrica en Europa de produción de coches eléctricos con tecnoloxía chinesa e o regreso de Donald Trump á Casa Branca obriga a concretar proxectos “de futuro” e de “gran competitividade”, tal e como asegurou Imparato en Vigo.

Stellantis investirá 500M€ na factoría de Vigo durante a próxima década, o cal permitirá poñer en marcha a nova plataforma de coches eléctricos e manter as dúas liñas de produción. O director da planta, o vigués José Luis Mosquera, será a partir de agora o encargado de pilotar a transición que afronta a fábrica cara á electrificación.

A visita de Imparato non pasou desapercibida para os sindicatos, en particular UXT, CC.OO, a SIT e a CUT. Tras presentarlle as súas demandas, o clima da reunión foi cordial e positivo. “Ese é o futuro, que convivan os coches eléctricos e os de combustión para salvar o máximo emprego posible” aseguraron fontes sindicais.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.