Vigo | Con ráfagas de tormenta e sol que non minguaron o ánimo electoral, a cidade olívica presenciou este 26 de maio os actos de peche de campaña das respectivas candidaturas que se disputarán a alcaldía viguesa este 28M.
Comezou o peche de campaña a candidata do Partido Popular de Vigo, Marta Fernández-Tapias, cun nutrido acto no Centro Social de AFundación que contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente do PP provincial, Luís Diéguez. Fernández-Tapias enfatizou na necesidade dun cambio ante o “esgotamento do modelo socialista”.
Minutos despois, o alcalde vigués Abel Caballero elixiu a céntrica La Farola para congregar a decenas de simpatizantes. Defendeu a “transformación da cidade” dende a súa chegada ao poder municipal en 2007 que permitiu que Vigo sexa coñecido a nivel mundial.
Con fondo de música tradicional, o candidato do BNG, Xabier Pérez Igrexas, apostou pola pasarrúas pola céntrica rúa de Príncipe. O candidato de Podemos- Marea de Vigo, Rubén Pérez, elixiu a Praza do Pobo Galego para pedir o voto. Eva Endress, de Cidadáns, tamén pechou a campaña electoral no centro de Vigo ao igual que o candidato de VOX, Álvaro J. Díaz-Mella.