VII edición da Andaina da Lamprea en Arbo

Será o domingo 21 de abril coincidindo coa 64 edición da Festa dá Lamprea

Arbo | Do 26 ao 28 de abril en Arbo estamos de Festa. Celebramos a 64 edición da Festa dá Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional e para ir “abrindo boca”, en Arbo, durante o mes de abril, temos previsto unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes como os/ás veciños e veciñas de Arbo.

No marco destas actividades previas Arbo acollerá a sétima edición da tradicional Andaina da Lamprea o vindeiro domingo 21 de abril.

Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. Recomendar Arbo non é recomendar unha viaxe máis… é recomendar unha viaxe a un reencontro con sensacións inesquecibles que implican atoparse a si mesmo e ás súas orixes, e a Andaina da Lamprea e o momento perfecto para coñecerlo e desfrutar dunha actividade que ofrece deportes, paixase e gastronomía.

O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 9:30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que nos levará pola contorna natural do municipio, na que os camiñantes poderán relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explica o alcalde, Horacio Gil. Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas do concello de Arbo.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente, antes do 18 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com o ou a través da sede electrónica. Será necesario abonar a cantidade de oito euros na conta municipal Es 44 2080 5011 8530 40005379 e presentar a copia de pago no momento da inscrición.

Para máis información e instancia de participación https://festadalamprea.gal/evento/vii-andaina-da-lamprea/