Vilanova de Arousa | A Casa Museo Valle-Inclán de Vilanova de Arousa acolle a exposición “Galicia Crepuscular” de Diego Lorenzo Pouso, que estará exhibida ata o vindeiro 28 de agosto.
A exposición consta de varias imaxes crepusculares de diversos lugares de Galicia realizadas polo seu autor, técnico superior en captación e tratamamento de imaxe. Algunhas destas imaxes resultaron gañadoras de concursos como Previsonor 2018 e Xurxo Lobato 2021.
Segundo reflicte o propio autor Lorenzo Pouso, a mostra “é unha pequena homenaxe aos nosos paisaxes e ao ceo nocturno que podemos desfrutar”.
A exposición estará de martes a domingo en horarios de 10:00 a 14:00 horas e 17:30 a 20:30 horas.