Visita ao Porriño dunha delegación do goberno de Luoyang (China)

Estiveron na sede de Citic HIC e as instalacións de Gándara Censa

O Porriño | O alcalde Alejandro Lorenzo, e concelleiros do goberno local, recibiron onte no Concello a unha representación do goberno popular municipal de Luoyang, sede do conglomerado chinés Citic HIC, propietario de Censa Gándara.

A comitiva, encabezada polo tenente de alcalde de Luoyang, Yang Xiao, o Subdirector Xeral de Citic HIC, Wu Zhigang, e o CEO de Citic HIC Gándara Censa, Juan José Agulla, visitou O Porriño para coñecer o municipio no que se ubica a industria e estudar posibilidades de cooperación entre ambas cidades, así como as necesidades de colaboración no campo do medio ambiente e o comercio bilateral.

O responsable chinés explicou que o obxectivo da súa visita, ademais de visitar as instalacións no polígono industrial da Granxa, é aprender e tamén presentarnos a súa cidade e o seu potencial industrial e cultural.

A cidade de Luoyang ten unha población de 6,55 M de habitantes e é sede do grupo Citic HIC, lider do mercado nacional chinés en fabricación de maquinaria pesada, que en 2011 adquiriu Censa para mellorar as súas capacidades no mercado global.

Porrigalia en marcha
O Porriño quenta motores para celebrar unha nova edición de Porrigalia. A concellería de Festexos vén de publicar as bases para participar nos desfiles de comparsas que terán lugar o venres 7 e o sábado 8 de xullo.

Poderán participar todas aquelas ANPAS, asociacións culturais e veciñais, clubs deportivos do municipio e a AECC que presenten comparsas integradas por un mínimo de 8 compoñentes e que acudan caracterizados dunha das civilizacións de Porriño: galos, romanos, castrexos, exipcios ou gregos.

Cada comparsa participante recibirá un premio de 300 euros, que se otorgará ata alcanzar o importe máximo establecido de 5.400 euros (por orde rigoroso de inscrición). Aquelas comparsas que desexen participar en Porrigalia fóra deste orzamento, poderán inscribirse pero sen opción ao premio por participación.

As bases están publicadas e poden consultarse na seguinte ligazón https://oporrino.org/documentos/bases-desfile-comparsas-porrigalia-2023/

Activación do Bono Enerxético
O Concello do Porriño vén de activar o Bono Enerxético, con axudas económicas directas para paliar as situacións de pobreza enerxética das familias do municipio.

Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, que explicou que as persoas beneficiarias do programa recibirán unha axuda directa de 300 euros, que no caso das familias numerosas ascenderá a 450 euros.

“Somos conscientes das dificultades que atravesan moitas familias e o elevado coste do subministro eléctrico resulta en moitos casos inasumible”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Con estas axudas buscamos aliviar a economía das persoas máis vulnerables”.
Poderán solicitala as persoas titulares dun contrato de subministro eléctrico ou enerxético, con vivenda habitual no Porriño, que figuren clasificadas nalgunha das modalidades de bono social eléctrico na data de solicitude. Tamén outras persoas en situación de pobreza enerxética, como aquelas que non atopándose nalgún dos colectivos anteriores reúnan os requisitos de nivel de renda familiar de bono social eléctrico, pero non o teñan acadado por cuestións non imputables á propia persoa solicitante. Poderán tamén acceder ás axudas persoas que precisen do mantemento do subministro eléctrico para garantir a correcta cobertura de tratamentos médicos.

As axudas poderán solicitarse desde o vindeiro venres 23 de xuño ata o 15 de novembro de 2023 presentando unha solicitude no Rexistro Municipal do Concello do Porriño. Os impresos para solicitalo estarán a disposición da veciñanza nas oficinas do departamento de servizos sociais municipais (3º andar do edificio consistorial).