O Carballiño | A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou o mercado do Carballiño, onde destacou a calidade e a profesionalidade das prazas de abastos galegas. Tal e como se subliñou na visita, a Consellería de Economía, Emprego e Industria leva apoiado a modernización do mercado nos dous útimos anos con 115.000 euros, que se destinaron á remodelación das instalacións e dos accesos, así como á creación e mellora de espazos multifuncionais e aparcadoiros da praza de abastos. Sol Vázquez Abeal sinalou que para continuar contribuíndo á excelencia dos mercados galegos, a Xunta vén de activar unha nova convocatoria de axudas.