Visitas guiadas polo patrimonio tudense

Durante agosto organizada polo Instituto de Estudos Tudenses co apoio do Concello

Tui | A próxima semana proseguen as visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración da concellería de Patrimonio e Turismo do Concello de Tui.

O obxectivo desta actividade é realizar un achegamento a diversos espazos patrimoniais da man persoas especialista en distintas ámbitos e pertencentes ao Instituto de Estudos Tudenses.

A primeira das propostas tivo lugar, o pasado xoves, 27 de xullo, con cunha gran acollida xa que preto de noventa persoas coñeceron da man de Patxi Pérez Ramallo a investigación realizada na necrópole de San Bartolomeu.

A próxima cita será o mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h cunha visita guiada polo historiador tudenses José Ramón Fernández Fernández titulada “Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco”. Comezará no adro da igrexa de San Domingos.

O luns 14, ás 20.30 h, no lavadoiro de Riomuíños comezará o percorrido guiado polo historiador tudenses Suso Vila sobre “O barrio histórico de Riomuíños”.

O martes 22 ás 20 h na praza de San Fernando terá lugar a visita “A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”, a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.

O programa pecharase o venres, 25 de agosto, ás 20 h na praza de San Fernando co arqueólogo Juan José Perles Fontao coa visita “As murallas de Tui”.

O aforo das visitas está limitado, polo que é preciso inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta na que a persoa se desexe inscribir indicando no asunto o día da ruta elixida.

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez Álvarez, indica que o éxito da conferencia e visita do pasado xoves sobre as intervencións arqueolóxicas en San Bartolomeu de Rebordáns, con máis de noventa participantes que desbordou as expectativas do Instituto de Estudios Tudenses e o Concello de Tui, evidencia o acerto desta iniciativa de achegamento aos nosos bens patrimoniais a cargo de destacados especialistas do Instituto de Estudios Tudenses.

Programa de visitas
Mércores, 9 de agosto. 20.30 h
“Igrexa de San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” guiada polo historiador José Ramón Fernández Fernández.
Inicio no adro na igrexa de San Domingos

Luns, 14 de agosto. 20.30 h
“O barrio histórico de Riomuíños” guiada polo historiador Suso Vila
Inicio no Lavadoiro de Riomuíños

Martes, 22 de agosto. 20.00 h
“A Catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico” acorrerá a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Marta Cendón Fernández.
Inicio na Praza de San Fernando

Venres, 25 de agosto. 20.00 h
“As murallas de Tui” guiada polo arqueólogo Juan José Perles Fontao.
Inicio na Praza de San Fernando
Inscrición previa enviando un correo a biblioteca@tui.gal co nome, apelidos, e teléfono de contacto. É preciso enviar unha mensaxe por cada ruta.