Os problemas da lingua galega non os pode solucionar unha soa persoa (por moito poder que teña), unha soa organización ou un só medio de comunicación. Por iso propoñemos tecer unha rede de amigos e amigas da lingua galega, construir complicidades entre persoas dispostas a apostar polo noso idioma, homes e mulleres convencidos da necesidade de VITAMINAS para a fala.
Trátase de apoiar a campaña VITAMINAS PARA O GALEGO, iniciativa impulsada polos medios de comunicación que utilizan a lingua galega para sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de garantir a transmisión interxeneracional do galego.
Por iso, solicítoche axuda para o proxecto VITAMINAS PARA O GALEGO. Pódese materializar nesta páxina:
http://www.verkami.com/project
O teu grao de area, a túa axuda é moi importante para os medios de comunicación que usan, practica, difunden e prestixian o idioma galego.