Viveiro | Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas, reuniuse con representantes da corporación municipal de Viveiro.
O director informou dos criterios que se deben ter en conta na elaboración do PXOM, debendo recoller este documento o proxecto de trazado aprobado para o desenvolvemento da vía de altas prestacións da Costa Norte ao seu paso polo concello.
Na xuntanza acordouse a celebración dunha próxima reunión entre técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e técnicos municipais que están a participar na redacción do PXOM coa fin de determinar, máis polo miúdo, os sobre os detalles técnicos relativos á rede viaria que permitan pechar o documento.