Arbo | Arbo prepárase para celebrar, depois de dous ano máis, a Festividade de San Roque. Trátase dunha das citas máis importantes do denominado “Verán Cultural” e, sen dúbida, é un símbolo máis da importante oferta gastronómica e de lecer deste concello.
A festividade que estarba programada para o 16 de agosto como marca a tradición, tivo que ser suspendida por mor da choiva e como data escollida será este sábado 27 de agosto.
Esté sábado tes unha cita con nos, Arbo volverá converterse nun referente entre as festas que se organizan en honra a este santo e onde reinará a música, a comida, os xogos, o baile e a romaría. Un evento que reúne a todo o pobo e a centos de visitantes da comarca e mesmo de Portugal, atraídos pola extraordinaria oferta que ofrece Arbo nun día tan especial coma este.
O programa de actividades arrinca, como sempre, ás 10.300 horas coa Andaina Infantil, que sae dende a Praza do Concello e remata na Caballeira de Turbela. A partires das 12:30 horas podremos disfrutar da actuación do Grupo Prisma. Ás 17.00 horas comezarán os xogos populares nos que maiores e pequenos gozarán dun tempo de recreo e entreteniento na Carballeira de Turbela que finalizará cun baile popular. Sardiñas, pulpo, zona de picnic con sombra e música e diversión asegurada. Ven a Arbo o sábado 27 de agosto, merece a pena disfrútalo.