Ourense | Un ano mais, e xa van 16, carrexando ilusión e xoguetes aos nenos mais necesitados. As tendas Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comunicación, poñen en marcha esta campaña, na que colaboran mais de 60 establecementos da cidade. Nos seus negocios poderanse mercar os lápices, por só un euro, con distintos deseños con máis de 15 modelos diferentes.
En palabras de Avelino Jácome representante de Orixe, “ este ano hai máis necesidades que nunca, pero os ourensans son moi solidarios e estou seguro, que a pesares das dificultades de esta pandemia, van a colaborar moito coma o veñen facendo dende sempre”.
Mostrouse así de esperanzado no arrinque oficial e engadiu: “Quero agradecer os medios de Comunicación a sua labor, dando a coñecer esta iniciativa, e como non a cada un dos negocios do comercio local que a pesares de estar en malas condicións nestes intres, fixeron un esforzo para seguir mantendo a sua solidaridade con quen máis o precisa”.
A campaña durará ata o 6 de xaneiro do 2022. Comenta Manuel Lorenzo Reguera, xerente de Juguettos Ourense “o obxetivo e chegar os máis nenos posibles, cando menos a tantos coma nos anos anteriores; cotamos coa axuda de moita xente e imolo conseguir.”