Salvaterra de Miño | O vindeiro luns 31 de outubro terá lugar o tradicional roteiro de samaín, para que a/o nena/os e adultos de Salvaterra vivan unha experiencia terrorífica ao mesmo tempo que divertida.
Por grupos organizados, percorrerase diversas zonas do noso Municipio onde estarán agochadas numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite especial como é a noite de Samaín.
A saída será ás 20:00 h dende o a Praza do Concello e rematará no Campo de fútbol de O Casal, onde poremos fin cun chocolate quente para todos a/os asistentes.
Non perdades a oportunidade de pasar unha noite inesquecible en familia ou con amigos, facendo as vosas inscricións dende o 10 ata o 28 de outubro, no teléfono 623 112 411 en horario de 09:00-14:00 ou no correo barafunda@barafundaanimacion.com, co único requisito de que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos do Concello. Prazas limitadas por orde de inscrición.