Pontevedra | A Concellaría de Cultura presentou esta mañá a edición 12+1 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que ten como temática as supersticións, de onde veñen estas crenzas na importancia dos números nos contos, a na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros.
Ao igual ca noutras edicións, ademais da programación específica no Pazo da Cultura, o Salón volverá saír ás rúas de Pontevedra para celebrar roteiros e actividades de animación. Ademais, xunto á programación para nenos, tamén contamos cunha específica para o público adulto.
Programa do Salón do Libro 2012
Se queres máis información www.salondolibro.org