Volven á Guarda os “Encontros en Familia”

Este 19 de setembro na Casa dos Alonso

A Guarda | O próximo martes 19 de setembro retomamos Encontros en familia coa segunda sesión “Se estamos ben, eles estarán ben”. Nesta ocasión trataremos a importancia da relación que hai entre os proxenitores e cal é a súa influencia sobre as/os fillas/os.

Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.

O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.

Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.
En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar.

A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.

Programa:
Outubro:
10.10.23
“As condutas autolesivas”. Falaremos sobre prevención e intervención, abordando as condutas que supoñan un risco para a integridade da persoa entre elas o suicidio.

24.10.23
“O bo uso da tecnoloxía”. Como controlar as últimas tecnoloxías e conseguir que elas non che controlen a ti.

Novembro
07.11.23
“Ruptura de parella”. Moitas perdas e algunhas ganancias.

21.11.23
“O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.

Decembro
12.12.23
“A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.

Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais. E-mail: educadora@aguarda.es.