X Encontro de Cacharreiros galegos e portugueses

Celebrouse no Museo de Oleiría de Niñodaguia

Ourense | O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na apertura do X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia, que se celebrou no Museo da Olería de Niñodaguia. Gabriel Alén resaltou o papel da olería tradicional na Artesanía de Galicia e a importancia do apoio institucional a este tipo de eventos monográficos que contribúen a manter, amosar e poñer en valor estes oficios artesanais.

Participaron nesta edición os oleiros de Niñodaguia Agustín Vázquez e Enrique Cabana; Olería do Batán (Baños de Molgas); Carlos San Claudio (Vigo); Antón Román (Gondomar) e Susana González (A Coruña); e en representación da olería portuguesa, os artesáns Carlos Lima e Xana Monteiro. Ademais do telleiro O Buraco; do torneiro Adrián Pena (Vigo) e da cesteira Julia de la Cal (O Porriño). Ma foto, cacharreiros facendo demostración ante o público.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.