Xestión da diversidade LGTBI nas empresas

Entrevista coloquio impartida por Marta Herraiz na Subdelegación do Goberno en Ourense

Ourense | O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu esta mañá a entrevista-coloquio “Xestión da diversidade LGTBI nas empresas”, a cargo da poñente Marta Herraiz Fernández, aberta a empresarios, colectivos sociais e á cidadanía en xeral.

Durante a entrevista, o subdelegado e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación, Alida Iglesias, plantexáronlle á poñente inquedanzas como a explicación da orixe do acrónimo LGTBI, a situación deste colectivo no ámbito empresarial e unha guía de boas prácticas que deben levar a cabo as organizacións para logra a plena inclusión de todos os seus traballadores.

Marta Herraiz é codirectora xeral de REDI (Rede Empresarial por la Diversidad e Inclusión LGTBI en España) e fundadora de LesWorking, a primeira rede profesional internacional para mulleres lesbianas e bisexuais.

Dende 2015 adícase profesionalmente á diversidade e inclusión LGTBI. Foi seleccionada como una das Top100 Mulleres Líderes en España e está considerada por algún medios como una das persoas LGTBI máis influintes do noso país.