Quiroga | Quiroga celebrou o XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Na primeira categoría do certame, o primeiro posto correspondeu á Real Banda Xuvenil da Deputación de Ourense.
A banda de gaitas do Concello de Chantada conseguiu o primeiro posto da segunda categoría. No certame actuaron 22 integrantes, aínda que a agrupación conta con máis músicos que agora están de baixa afectados pola covid.
A banda chantadina interpretou tres pezas: Muiñeira de Ponte Sampaio, Cantigas de Ourense e a Marcha do entrelazado de Allariz, un tema popularizado por Carlos Núñez. A formación xa gañara o primeiro premio da segunda categoría na edición deste certame celebrado en 2017
Na terceira categoría gañou a banda portuguesa de São Tiago de Cardelos e na cuarta, a banda de gaitas Insua, de Tui. Nesta edición do concurso participaron en total preto de cincocentos músicos pertencentes a bandas de Galicia, Asturias, León, Portugal e a emigración galega. Na foto, a actuación da banda de gaitas chantadina.