Ourense | Os días 11, 12 e 13 de outubro celebrarase en Ourense o XIV Encontro Internacional de Poesía organizado por Círculo Poético Ourensán. O seu presidente, Xosé Ramón Fernández Morgade, sinala que “cada encontro é unha fermosa oportunidade para compartir emocións, reflexións e conectar con outros a través das palabras”.
O lema deste XIV Encontro é “armándonos de poesía, loitando pola paz”, o que reflicte o poder da poesía como ferramenta para a reflexión, a unión e o diálogo. “A través da poesía podemos expresar as nosas esperanzas e anhelos dun mundo máis pacífico e xusto, e fomentar a empatía entre as persoas. Este encontro bríndanos a oportunidade de ecoar xuntos en procura da paz”, indica Fernández Morgade.
Este ano, por primeira vez incorporase unha poeta novísima, Isabelly Carmo, para potenciar a poesía entre as persoas máis novas. Ela, aínda que é de nacionalidade portuguesa, reside actualmente en Ourense e estuda ESO no colexio Cardeal Cisneros. “Esta iniciativa de convidar a poetas novos manterémola nos próximos encontros, para deste xeito darlles unha oportunidade e, á vez, fomentar a poesía entre o colectivo de estudantes” asegura o presidente.
Participarán no encontro, por España, Ana B. Gutiérrez de Guadalajara e Branca Vilela de Fisterra. De Portugal, Marta Dutra de Açores e Orlando Jorge Figueiredo de Gafanha de Nazaré. E de Cuba, Evelio Traba de Bayamo e Sender Escobar de Las Tunas. Ademáis dos integrantes de Círculo Poético Ourensá. A parte musical corréra a cargo de “A Voz das Mouras” de Ourense.
O sábado 12, na Gala de Círculo, tamén participarán os gañadores do XII concurso de poesía para alumnos e alumnas de primaria, Eso e bacharelato que organiza Círculo Poético Ourensán.
Os actos comezarán o venres 11 de outubro pola mañá con vistas a colexios. Xa pola tarde ás 20:30 haberá un espectáculo de poesía e música no Centro Comercial Ponte Vella. O sábado 12 de outubro ás 11:30 horas será o roteiro poético polo casco histórico de Ourense e pola tarde a partir das 19:00 horas terá lugar a gala de Círculo Poético no Liceo de Ourense.
Na gala tamén participarán os gañadores do XII concurso de poesía para alumnos e alumnas de primaria, Eso e bacharelato que organiza Círculo Poético Ourensán. O domingo 13 en Amoeiro haberá un recital de poesía. Todos os actos están abertos a ciudadanía, ata completar aforo, e son de valde.
Na foto Xosé Ramón Fernández Morgade, presidente do Círculo Poético Ourensán.