Estes días estou lendo un libro de Jean Ziegler, titulado “Hay que cambiar el mundo”. Nel verte ideas e denuncia situación que todos intuimos pero que as veces non coñecemos en profundidade. A propósito do momento en que vivimos faise dunha actualidade rabiosa vendo o comportamente dos nosos políticos que nin sequera son quen de poñerse de acordo para elixir ao Presidente do novo goberno. Cada quen ten “importantes razón” para nin sequera sentarse a falar con o representante doutra opción política
O presidente en función, Pedro Sánchez, ven de anunciar que o dia 23 de xullo se presenta no Parlamento para someterse á votación de investidura como Presidente efectivo deste País chamado España.
Os seus adversarios din que é un prepotente porque se somete á investidura sen contar coa apoios suficientes, ou sexa, 176 votos a favor, tal como esixe a Lei electoral. Pero, curiosamente, ningún dos demais partidos están dispostos a facilitarlle esa investidura, ainda sabendo que non hai alternativa.. Cada quen ten “importantes razón” para nin sequera sentarse a falar con o respresentante doutra opción política. Algo asi como aquela película, non me lembro o titulo, na que dous ian a toda velocidade conducindo dous coches cara a un abismo discutindo quen dos dous frenaría antes de perderse no precipicio.
O presidente en función Pedro Sánchez ven de anunciar que o dia 23 de xullo se presenta no Parlamento para someterse á investidura como Presidente efectico deste País chamado España.
Os seus adversarios din que é un prepotente porque se somete á investidura sen contar coa apoios suficientes, ou sexa, 176 votos a favor, tal como esixe a Lei electoral.permitir que saia elixido ainda que non se vexa alternativa posible no horizonte político e declaren que non lles gustaría ir a novas eleccións. Total, coma o can do hortelano, nin comia nin deixaba comer ao amo.
Pola banda da esquerda temos a Podemos enrocado en que ou ten ministerios a súa disposición ou vota en contra. Os demais `partidos é natural que non estean a favor, pero tampouco se van molestar, segundo declaran por activa e por pasiva, que se vaian abster; votarán en contra. Ainda sabendo que cecais vaian directos ao abismo dunhas novas eleccións que a ningún deles lles resultan agradables, tal como está o panorama.
Claro que Pedro Sánchez poderá sair elixido se acepta os votos das forzas políticas nacionalistas, independentistas e secesionistas aceptando as condicións que, de seguro, pretenderán impoñerlle. Curiosamente, tanto Cs, coma PP denuncian con grande énfase que Sánchez está vendido aos nacionalistas, como se foran partidos rabiosos que o puideran contaminar. Sen embargo cando os socialistas lle piden a sua abstención para non precisar deses votos que din “tan perigosos” fanse o tolo e miran para outro lado. “Non lle favoreceremos o goberno a Pedro Sánchez de maneira ninguna” , enfatizan dende o PP; “votaremos contra Sánchez sen pestenexar”, din os de Cs; votaremos en contra sen non temos ministerios asegurados, din os de Podemos..
Que debe facer, logo Pedro Sánchez? Concederlle un par de ministerios a Podemos para que lle dea os seus 54 votos ainda que non sexan suficierntes para acadar a maioria necesaria dos 176? Presentarse no Parlamento “solo ante el peligro” esperando a que os demais caian da burra e lle permitan sair elixido?
Difícil dilema a resolver. Se cede aos nacionalistas malo, se non cede e solicita a abstención dalgunha das forzas adversarias nin o atenden.
Durante estes días que faltan ata o dia 23 de xullo asistiremos a un cruce de reproches entre uns e outros propios dunha feira de gando na disputa da mellor peza.
Nós que acudimos as urnas na confianza de que despois das votacións nun tempo prudencial nos ofrecerían un goberno solvente capaz de arranxar os grandes retos que este Pais ten por diante, asistimos a este partida de trileiros da política que soamente pensan en como lles vai ir mellor a cada forza plitica, sen importarlles que as cousas se pudran , cada vez se poñan peor ou se a xente ten que comer ou mendigar un mendrugo de pan.
Que deberíamos facer? Difícil resposta. Sair a rúa e sustituilos por outros mais sensatos? Ú-los? Onde os imos atopar? Non ir a votar nunhas hipoptéticas novas eleccións para que souberan que estamos cansos destes rifirrafes?. Ninguna das solución seria mellor.
Vivimos nun sistema político que ten as cartas marcadas polos de sempre; no que a sociedade civil pouco conta, non sendo para votar. Logo xa eles /elas se encargarán de xogar aos chinos cos nosos votos. Uns máis expertos sairán gañando, outros tratarán de facerlle trampas esperando que caian nelas. En fin, non temos solución nin remedio. Só cabe esperar que finalmente alguén teñan una luz de cordura e se constitúa o Parlamento en tempo e forma, que teñamos un goberno que goberne para todos, sobre todo para os máis necesitados, que os hai por millóns.
Teñan paciencia e sexan felices, se poden!!