O Covelo | O Concello de Covelo informa que o vindeiro venres día 6 de maio un equipo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia estará no auditorio municipal para ofrecer unha xornada informativa sobre a factura da luz.
O encontro será presencial e estará aberto ao público en xeral. Dada a actual situación de complexidade á hora de interpretar as novas tarifas da luz e as facturas, o Concello considerou necesario colaborar e acoller esta xornada que terá lugar ás 18:00 horas.