A Guarda | A Asociación Raiceiras – Acción Rural, co apoio do Concello da Guarda, realiza unha xornada multicultural con diversas actividades: showcooking e petiscos, unha conferencia, a proxección dun minidocumental realizado pola propia asociación e un obradoiro para crianzas.
A xornada, destinada a toda a poboación da contorna, ten como obxectivo visibilizar e poñer en valor os saberes e experiencias das persoas migrantes en Galicia, de forma máis concreta, no Baixo Miño.
Realizarase a conferencia “Antirracismo para principiantes” a cargo do migrante indíxena Inalef Reyulma onde nos falará de boas prácticas, veciñanza e acollida á poboación migrante; de seguido teremos o Showcooking “Sabores do mundo”, onde integrantes da comunidade migrante da Guarda e concellos da contorna realizarán en vivo receitas propias dos seus lugares de orixe cunha posterior degustación para as persoas asistentes
Pola tarde proxectaremos o minidocumental “Migración Galicia”, no que personas de diferentes orixes contarán a súa experiencia no noso país e outros aspectos da súa vivencia como migrantes. Por último, contaremos cun obradoiro para crianzas,cun pequeno contacontos e un mural sobre as culturas que quedará exposto na sede da asociación.
A participación é de balde e será o domingo 30 de outubro a partires das 12 da mañá na sede da Asociación Raiceiras, na Antiga Escola Unitaria de San Lorenzo, Avda de S. Lorenzo s/n, A Guarda.
Para calquera información pódese chamar ou enviar un whatsapp ao teléfono 644696925, enviar un correo a info@raiceiras.org ou contactar coa entidade a través das súas redes sociais.